domingo, 16 de febreiro de 2020

Papiroflexia!


A semana pasada comezamos con esta práctica que consiste en dobrar papel para elaborar diferentes figuras e formas.


A papiroflexia apórtanos diferentes beneficios, algúns deles son:

Estimulación da concentración
- Activación da memoria
Mellora da paciencia
Aumento da relaxación
Incremento da coordinación ollo-man…


A continuación ensinámosvos o proceso…



…e o resultado final!!





mércores, 22 de xaneiro de 2020

Facemos peixiños!


Hoxe comezamos a falar sobre os beneficios de comer peixe e ademais fixemos una manualidade para decorar a nosa clase.

Primeiro recortamos o corpo dos peixes.






Despois, recortamos círculos de papel de seda e dobrámolos pola metade. Son as escamas dos nosos peixiños!


Cando xa temos as escamas de cores preparadas, comezamos a pegalas ao longo do corpo do peixe.



E para rematar, debuxámoslle o ollo e a boca.

Non é porque os fixeramos nós, pero abofé é que nos quedaron bonitiños, non si? :)




Papiroflexia!

A semana pasada comezamos con esta práctica que consiste en dobrar papel para elaborar diferentes figuras e formas. A papiroflexia ap...